Ponteveran 2014
Ponteveran 2014

FINALIDADE

Ofertar á mocidade e infancia de Pontevedra un programa educativo e lúdico de actividades de tempo libre para as vacacións do verán, baseado en valores de igualdade, convivencia, respecto ao ambiente, coñecemento da propia cultura e de promoción da actividade física e o deporte.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Priorizaranse nenos e nenas, mozos e mozas do Concello de Pontevedra. No caso de non cubrirse as prazas poderán optar persoas doutros concellos e doutras idades a través da listaxe de agarda.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A partir do 10 de xuño. Pre-inscrición on-line, presencial, telefónica ou por e-mail. Consulta en cada actividade.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Nas actividades con pre-inscrición avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición coa documentación necesaria. Poderanse consultar as listaxes de persoas admitidas así como listaxes de agarda.

NOTAS IMPORTANTES

• Todas as actividades teñen un número de prazas reservadas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais.
• No caso dos 3 obradoiros “Xogos e costumes populares”, “Xogando coa arte” e “Lecer crítico e construtivo” cada neno ou nena só poderá solicitar 1 destes obradoiros.
• No caso da Aula de Natureza, cada nena ou neno só poderá solicitar unha das 3 quendas.

DESCONTOS

As maioría das cotas de inscrición son gratuítas, pero algunhas están subvencionadas na súa maior parte e teñen unha cota moi reducida. Aínda así, sobre esas cotas establecerase o habitual sistema de descontos:
20% desconto co Carné Xove
50% desconto a familias numerosas
50% desconto a partir da 2ª persoa da mesma unidade familiar
100% con derivación dos Servizos Sociais municipais
Os descontos son excluintes entre si

MÁIS INFORMACIÓN

Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h. www.xuventude.pontevedra.eu







CAMPAMENTOS

2 CAMPAMENTOS DE TEMPO LIBRE “SUSTINEA” NO PARQUE NATURAL DO XURÉS

Trátase dunha oportunidade para descubrir, a través do xogo e dinámicas de grupo, o fascinante que é o mundo da natureza deste espazo natural. Xogos, dinámicas, excursións, actividades multiaventura, debates sobre os problemas e solucións do noso planeta. Realizaranse 2 quendas con 2 grupos de idade diferentes. O desprazamento do grupo á instalación realizarase en autobús dende Pontevedra.

DATAS:
1ª quenda: 16-23 xullo IDADES: 13-15 anos (nacemento entre 1999-2001)
2ª quenda: 25 xullo-1 agosto IDADES: 10-12 anos (nacemento entre 2002-2004)
LUGAR: complexo turístico de O Corgo situado no Parque Natural do Xurés e na Reserva da Biosfera Gerês-Xurés, en Mugueimes (Concello de Muíños, Ourense).
PRAZAS: 40 (20 por quenda)
COTA DE PARTICIPACIÓN: 80 € (custo real da praza 318 €)
PREINSCRICIÓN do 10 ao 27 de xuño on-line en apuntate.pontevedra.eu (Programa Ponteverán) ou presencialmente na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.
SORTEO público o 1 de xullo ás 12h. na Casa Azul e posterior publicación de listaxes coas persoas admitidas e coas reservas. Sortearanse 16 prazas por campamento xa que as 8 restantes corresponden a prazas reservadas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais. INSCRICIÓNS do 2 ao 9 de xullo.

AULA DE NATUREZA E INTERPRETACIÓN

Actividade organizada pola Oficina de Medio Ambiente Natural. Programa de actividades ambientais e lúdicas programadas para levar a cabo nos contornos naturais e monumentais do noso municipio. Nenos e nenas terán a oportunidade de participar de actividades na natureza que aumentarán os seus coñecementos sobre o bosque, o mar, o río e a Historia da cidade.

IDADES: 8-12 anos (nacemento entre 2002-2006)
DATAS: escoller 1 das 3 quendas: (1-15xullo) (16-30 xullo) (31 xullo-13 agosto)
HORARIO: de 9,30 a 14h.
LUGAR: Pazo da Cultura
PRAZAS: 20 por quenda
COTA DE PARTICIPACIÓN ÚNICA: 10€
PREINSCRICIÓN do 10 ao 20 de xuño on-line en apuntate.pontevedra.eu (Programa Ponteverán) ou presencialmente na Oficina Municipal de Medio Ambiente Natural r/ Churruchaos, 2, 1º, tel. 986 100 185 ext. 7584/83 e mail: medionatural@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

OBRADOIRO DE XOGOS E COSTUMES POPULARES

A través dos xogos populares e tradicionais e aproveitando os elementos e espazos naturais de que dispón o noso contorno urbano, organizamos unha semana de xogos e deportes ao aire libre. Xogos de presentación, populares, torneos, billarda, obradoiro de instrumentos vexetais, de construción de elementos flotantes, rutas, praia fluvial e festa final.

IDADES: 8-12 anos (nacemento entre 2006-2002)
DATAS: 4, 7, 8,9, 10 xullo
HORARIO: de 9,30-13,30h.
LUGAR: Pazo da Cultura e Illa das Esculturas
PRAZAS: 20
COTA DE PARTICIPACIÓN: Gratuíta (custo real da praza 66€ )
PREINSCRICIÓN do 10 ao 25 de xuño on-line en apuntate.pontevedra.eu (Programa Ponteverán) ou presencialmente na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

OBRADOIRO “XOGANDO COA ARTE”

Obradoiro de artes plásticas a través do cal pretendemos utilizar a arte (en especial a arte contemporánea) como elemento socializador e posibilitador da expresión e creación. IDADES: 8-12 anos (nacemento entre 2006-2002) DATAS: 14 -18 xullo HORARIO: de 9,30-13,30h. LUGAR: Pazo da Cultura e Illa das Esculturas PRAZAS: 20 COTA DE PARTICIPACIÓN: Gratuíta (custo real da praza 69€ ) PREINSCRICIÓN do 10 ao 25 de xuño on-line en apuntate.pontevedra.eu (Programa Ponteverán) ou presencialmente na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

OBRADOIRO DE LECER CRÍTICO E CONSTRUTIVO

Espazo lúdico educativo que abrangue moitos eidos temáticos: tecnoloxía, cociña, medio ambiente e filosofía, con compoñentes transversais de igualdade, creatividade, innovación e espírito crítico; diálogos socráticos, obradoiro de bombóns 3D, visita ao mercado de abastos, obradoiro de consumo responsábel, mini-horto urbano, obradoiro de alimentación consciente...

IDADES: 8-12 anos (nacemento entre 2006-2002)
DATAS: 21, 22, 23, 24 e 28 xullo
HORARIO: de 9,30-13,30h.
LUGAR: Pazo da Cultura e outros espazos da cidade
PRAZAS: 20
COTA DE PARTICIPACIÓN: Gratuíta (custo real da praza 130€ )
PREINSCRICIÓN do 10 ao 25 de xuño on-line en apuntate.pontevedra.eu (Programa Ponteverán) ou presencialmente na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

OBRADOIRO MUSICAL E ARTÍSTICO

Obradoiro de temática musical e artística no Local de Música de Pontevedra, que pretende o achegamento con curiosidade e diversión ás artes en xeral, e á música en particular.

IDADES: 12-15 anos (nacemento entre 1999-2002)
DATAS: 28 xullo-1 agosto
HORARIO: de 10 a 14h.
LUGAR: Local de Música
PRAZAS: 20
COTA DE PARTICIPACIÓN: Gratuíta (custo real da praza 110€)
PREINSCRICIÓN do 10 ao 25 de xuño on-line en apuntate.pontevedra.eu (Programa Ponteverán) ou presencialmente na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.







ACTIVIDADES

CURSOS DE INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO EN PONTE SAMPAIO

Cursos impartidos polo Club Río Verduxo de Piragüismo, cos que se pretende que nenos/as e mozos/as coñezan unha actividade deportiva e recreativa coa que poder ocupar o seu tempo de lecer. O programa de cada curso inclúe actividades de preparación física, exercicios de técnica elemental, xogos, natación, nocións teóricas, coñecemento das medidas de seguridade.

IDADES: 9-15 anos
REQUISITO: saber nadar
DATAS: de luns a venres (incluído festivos)
1º Do 30 xuño ao 11 de xullo
2º Do 14 ao 25 de xullo
3º Do 28 de xullo ao 8 de agosto
HORARIO: de luns a venres de 12 a 13,30h.
LUGAR: praia da Xunqueira en Ponte Sampaio.
PRAZAS: 12 por curso
COTA DE PARTICIPACIÓN: 10 € (custo real da praza 60 €) Inclúe material da actividade pero o desprazamento corre pola conta dx participante.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Club de Piragüismo Río Verduxo - Praia da Xunqueira s/n – Ponte Sampaio (Pontevedra). Tel. 669 455 451 ou 686 929 934 (chamar polas tardes).

VI TORNEO DE FÚTBOL 7 MASCULINO E FEMININO “PONTEVERÁN-CAFyD”

Torneo de fútbol 7 coordinado polo Club de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CAFyD) IDADES: entre 14 e 30 anos. Estableceranse grupos por categorías:

- 4 Cadete masculino (14-15 anos)
- 8 Xuvenil masculino (16-18 anos)
- 8 Sénior masculino (maiores de 18 anos)
- 4 Categoría agrupada feminina (a partir dos 14 anos)

DATAS: 5 e 6 xullo
HORARIO: sábado de 10-14h. e de 16-20h. e o domingo de 10-14h.
LUGAR: Campos de herba sintética da Xunqueira
PRAZAS: máximo 24 equipos
COTA DE PARTICIPACIÓN: 30 € por equipo (custo real 80 €)
PRAZO DE INSCRICIÓN: por rigorosa orde de chegada e ata o 3 de xullo ou ata cubrir prazas
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: presencialmente na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

ESTADÍA MULTIAVENTURA: RUTA DA PEDRA E DA AUGA (ARMENTEIRA)

Actividade multiaventura con estadía e pernocta. A ruta percorre as marxes do río Armenteira nos concellos de Ribadumia e Meis na comarca de O Salnés. Durante unha fin de semana poderemos gozar dun contorno natural e coñecer diferentes muíños de auga, fontes e lavadoiros en distintos estados de conservación, para rematar no Mosteiro da Armenteira.
Entre as actividades programadas, realizaremos rutas BTT, tiro con arco, orientación GPS, xeocaptura, veladas, ruta sendeirismo e actividades grupais e de tempo libre.

IDADES: 18-35 anos
DATAS: 12 e 13 xullo
PRAZAS: 15
COTA: 20€ (inclúe material)
INSCRICIÓN ata o 10 de xullo na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

EXCURSIÓN Á SKATEPRAZA DE CORUÑA

Excursión ata a nova skatepraza de A Coruña. Lembra traer o teu skate, proteccións (recomendable), comida e bebida para pasar o día. Esta é unha das actividades que requiren inscrición previa e autorización para menores de idade.

IDADES: maiores de 12 anos
DATA: 19 xullo
HORARIO: saída ás 9h. e regreso ás 20h. saída do autobús diante do Pavillón Municipal dos Deportes.
LUGAR: skate praza de Coruña
PRAZAS: 55
COTA: gratuíto
INSCRICIÓN ata o 18 de xullo na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

FOTORROTEIROS: OBRADOIRO PRÁCTICO DE FOTOGRAFÍA

Conxugaremos a formación fotográfica, educación ambiental e recoñecemento do medio natural e urbano. 4 rutas diferentes a través das cales visitaremos o contorno de Pontevedra, co fin de coñecer o seu valor natural e aprender a inmortalizalo coas nosas fotografías.

Rutas: Lérez - Gafos - Pontes, urbanas - Lourizán
IDADES: 14-35 anos
DATAS: 19, 20, 26 e 27 xullo
HORARIO: 9-14h.
PRAZAS: 10
COTA: 10€
INSCRICIÓN ata 18 de xullo Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

RUTAS EN PATÍNS POLA CIDADE “PONTEVEDRA SOBRE RODAS”

Estas rutas que poden ser percorridas por persoas cun nivel básico de patinaxe. O interese é crear un grupo de patinaxe que fomente o deporte e interese pola cultura da cidade e da súa Historia. Percorreremos lugares destacados pola súa toponimia, acontecementos concretos ou polo seu interese artístico. Necesario levar os propios patíns.

IDADES: 14-35 anos
DATAS: 19 xullo e 7 agosto
HORARIO: 11-13h.
PRAZAS: 20
COTA: 10€
INSCRICIÓN na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

APADRIÑA JAM 5.0

5ª edición do “Apadriña Jam” (antigo “Apadriña un Little”) que nesta entrega inclúe:

- Campionato basket 3x3
- Campionato de skate
- Campionato de breakdance
- Exhibición de graffiti

IDADES: para participar nos torneos requírese ser maior de 15 anos.
DATAS: 26 xullo
LUGAR: pistas deportivas de Campolongo
COLABORA: Instituto Municipal dos Deportes
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: jam.apadrina@gmail.com

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DA ESCEA MUSICAL DE PONTEVEDRA

Exposición fotográfica de rúa sobre o Local de Música de Pontevedra, que pretende mostrar a evolución da escena musical de Pontevedra partindo das fotografías do xornalista e fotógrafo Charlie Peartree. LUGAR: praza de Ourense DATAS: 27 xullo-10 agosto

CURSO DE INICIACIÓN Á ESCALADA

Actividade organizada co Club de Montañeiros de Pontevedra. Os dous primeiros días desenvolverase no rochódromo onde se impartirán os coñecementos básicos sobre material (arnés, cordas, mosquetóns, etc) e seguridade (nós, cadea de seguridade, etc), así como a teoría e práctica das diferentes técnicas deportivas para progresar escalando. O día de escola en rocha, porase en práctica todo o aprendido pero no medio natural da rocha.

IDADES: 14-35 anos (cumpridos)
DATAS: 30, 31 xullo e 2 agosto
HORARIO: 19 - 22,15h as dúas primeiras xornadas e 17-22h. o último día
LUGAR: 1º e 2º día: rochódromo municipal (Pavillón Multiusos da Xunqueira), 3º día: zona de escalada PRAZAS: 12
COTA DE PARTICIPACIÓN: 10€ (custo real da praza 97€). Inclúe material da actividade e desprazamentos.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

SAÍDA PARA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA

Actividade organizada coa Agrupación Astronómica Rías Baixas para observar as constelacións, obxectos celestes, o sistema solar, etc... mediante telescopios e prismáticos nun lugar próximo á nosa cidade.

IDADES: a partir de 12 anos (menores acompañados).
DATAS: 31 xullo
HORARIO: 22,30-00,30h.
COTA: gratuita.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

RUTAS EN KAIAK DE MAR

Percorridos recreativos en kaiak de mar guiados por monitorado do Club de Piragüismo Vilaboa. 2 rutas de diferente nivel:
• 1ª Ruta de nivel INICIACIÓN: ría de Vigo: río Verduxo e ruta ata a Illa de San Simón con parada para visitar a illa.
• 2ª Ruta de nivel II : ría de Aldán: ruta que require coñecementos e experiencia previa. É necesario saber remar e ter certo nivel físico para a resistencia.

IDADES: 16-30 anos
DATAS: 24 agosto: Ría de Vigo
31 agosto: Ría de Aldán
HORARIO: todo o día. Será necesario o desprazamento do grupo.
PRAZAS: 15 por ruta
COTA DE PARTICIPACIÓN: 10 € (custo real da praza 50 €). Inclúe material da actividade e desprazamentos. INSCRICIÓN na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

ORIENTACIÓN NOCTURNA NA ILLA DAS ESCULTURAS E ILLA DO COVO

Consiste nunha primeira parte teórica de aula onde daremos os coñecementos básicos de material e seguridade, para logo saír á Illa das Esculturas e Illa do Covo onde poremos en práctica todo o aprendido.

IDADES: a partir de 8 anos (menores acompañados)
DATA: 30 agosto
HORARIO: 21-01h.
LUGAR: Illa das Esculturas e Illa do Covo
PRAZAS: 100 máximo
COTA: gratuíto
IMPARTE: Montañeiros Pontevedra - A Roelo
INSCRICIÓN na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.







OBRADOIROS

CORO MODERNO

Actividade lúdico-musical para o verán co obxectivo de conformar un grupo cohesionado de cantantes afeccioadxs que gocen cantando éxitos do pop e do rock. Os coros máis importantes que están funcionando preto de nós cunhas características similares son VGO Negro Son (Vigo) e o Coro da Rá (Compostela). Para a xente xa iniciada no mundo da música, permitiralles coñecer características da técnica vocal, dos arranxos, da harmonía... Para quen non sabe deste mundo, aprenderá a técnica de algo tan arraigado na cultura popular como é o canto en grupo.

IDADES: 16-35 anos
DATAS: todos os luns do 7 de xullo ao 1 de setembro, agás o 18 agosto.
HORARIO: 20,30-22,30h.
LUGAR: Local de Música
PRAZAS: 30
COTA: gratuíta
INSCRICIÓN ata o 18 de xullo na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

MINICURSOS DE INFORMÁTICA

- Internet: navegación, buscas, correo, chat, blog´s, redes sociais, seguridade e descargas: luns, martes e mércores de xullo
- Presentacións de documentos, fotos e vídeos: luns, martes e mércores de agosto.

IDADES: 14-35 anos
HORARIO: de 11,30 a 13h.
LUGAR: Aula de informática da Casa Azul
PRAZAS: 18 por curso
COTA: gratuíta
INSCRICIÓN ata o 18 de xullo na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

OBRADOIRO DE TALLA DE SANDÍA

Aprender a tallar sandía con relevo decorativo. Proporcionaranse pautas de traballo co coitelo e diferentes ferramentas de corte sobre a pel da sandía. Aproveitando o cambio de cor segundo a profundidade da talla, xeraremos composicións decorativas.

IDADES: 16-35 anos
DATA: 16 xullo
HORARIO: de 11 a 14h.
LUGAR: Casa Azul
PRAZAS: 10 por curso
COTA: gratuíta
INSCRICIÓN ata o 18 de xullo na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

OBRADOIRO DE GALLETAS SURFEIRAS

laboraremos unha receita básica de galletas de limón a partir da cal faremos diversos deseños de galletas decoradas dende a masa. O obradoiro inclúe deseño previo das galletas, amasado, fornado, decorado con diversas técnicas.

IDADES: 13-35 anos
DATA: 17 xullo
HORARIO: de 11 a 14h.
LUGAR: Casa Azul
PRAZAS: 15 por curso
COTA: gratuíta
INSCRICIÓN ata o 18 de xullo na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.

III XORNADAS DE TAIJIQUAN (TAICHÍ)

Xornadas nacionais de Taiji que teñen por obxectivo a difusión da práctica do Taiji, especialmente entre a xente nova. Nesta ocasión están organizadas polo Centro de Terapias Estouche Ben. Venres: Clases de Qi Gong e Obradoiro de defensa persoal. Sábado: Conferencias no Teatro Principal: “Os segredos do Monte Wudang” Mestre Víctor Arellano. “Beneficios corporais da práctica do Taiji” Mestre Internacional Juan Carlos Serrato. “Mente e Taiji” Mestres María Rodríguez e Alejandro Bello. Sesión: Práctica da forma Gruo de 13 movementos de Sanfeng co mestre Serrato. Inscríbete e consulta horarios das diferentes actividades.

IDADES: a partir 16 anos.
DATAS: 12 e 13 setembro
COTA: gratuíta
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Centro de Terapias Estouche Ben. www.estoucheben.com
Tel. 986 896 968