Ponteverán 2011
Actividades

3º TORNEO DE FÚTBOL-7 MASCULINO E FEMININO «PONTEVERÁN-CAFyD»

Torneo de fútbol 7 coordinado polo Club de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CAFyD).

IDADES: entre 14 e 35 anos. Estableceranse grupos por categorías:
· Cadete masculino (14-15 anos)
· Xuvenil masculino (16-18 anos)
· Senior masculino (maiores de 18 anos)
· Categoría agrupada feminina (a partir dos 14 anos)
Cada categoría estará composta por 8 equipos que se completarán por rigorosa orde de inscrición.
DATAS: 16 e 17 de xullo
LUGAR: Campos de herba sintética da Xunqueira
PRAZAS: 8 equipos máximo por categoría (máximo 32 equipos)
COTA DE PARTICIPACIÓN: 30 € por equipo (custo real 53 €)
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 15 de xullo ou ata cubrir prazas
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu / www.cafydpontevedra.es

ESTADÍA PENA TREVINCA-ENCORO DE PRADA: KAIAK E SENDEIRISMO

A actividade consistirá nunha estanza en Pena Trevinca para realizar percorridos en kaiak polo encoro de Prada e rutas de sendeirismo pola zona do municipio ourensán da Veiga.

Inclúese traslado, material e aloxamento en pensión completa nun hotel da zona. A actividade está guiada polo persoal do Club de Piragüismo Vilaboa.

IDADES: entre 16-35 anos
DATAS: 6 e 7 de agosto
PRAZAS: 17
COTA DE PARTICIPACIÓN: 50 € (custe real 115 €). Inclúe aloxamento, traslado e material
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

RUTAS EN KAIAK DE MAR POLAS RÍAS

Percorridos recreativos en kaiak de mar guiadas por monitorado do Club de Piragüismo Vilaboa. 2 niveis: iniciación e perfeccionamento.Os itinerarios decidiranse en función das características e preferencias do grupo participante. Para as rutas de iniciación non é necesario saber remar pero si ter certo nivel físico para a resistencia. Na ruta de perfeccionamento é necesario saber remar en kaiak, ou ter participado en varias sesións de iniciación ao kaiak noutras edicións de Ponteverán e ter bo nivel físico.

IDADES: entre 16-35 anos
DATAS:
2 de xullo. Ría de Arousa. Ruta de iniciación
31 de xullo. Ría de Vigo. Ruta de iniciación
14 de agosto. Ría de Pontevedra. Ruta de iniciación
21 de agosto. Ría de Aldán. Ruta de perfeccionamento
HORARIO: Todo o día. Nas rutas das rías de Arousa, Vigo e Aldán será necesario o desprazamento do grupo de participantes en autobús
PRAZAS: 15 por ruta (60 prazas totais)
REQUISITO: imprescindible saber nadar
MATERIAL: roupa e calzado fresco para mollar, unha gorra, comida, auga para a actividade e muda completa para cambiarse ao remate
COTA DE PARTICIPACIÓN: 10 € (custo real 40 €). Inclúe material da actividade e desprazamentos
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

RUTAS EN PIRAGUA «COÑECE OS NOSOS RÍOS»

Percorridos en piragua polos ríos Verduxo e Miño, guiados por monitorado titulado do Club de Río Verdugo de Piragüismo.

IDADES: 18-35 anos
PRAZAS: 20 por ruta (40 prazas totais)
REQUISITO: imprescindible saber nadar
MATERIAL: roupa e calzado fresco para mollar, unha gorra, comida, auga para a actividade e muda completa para cambiarse ao remate
COTA DE PARTICIPACIÓN: 10 € (custo real 50 €). Inclúe material da actividade e desprazamentos
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Club de Piragüismo Río Verdugo – Praia da Xunqueira s/n – Ponte Sampaio (Pontevedra). Tel. 669 455 451 ou 686 929 934 (chamar polas tardes)

1. RUTA RÍO VERDUXO

DATA: 10 de xullo
HORARIO: 10-14 h.
LUGAR: saída e chegada á praia da Xunqueira (Ponte Sampaio). Percorrido de 5 km. polo río e outros 3 km. pola desembocadura da ría de Vigo. Aproximadamente 8 km.

2. RUTA RÍO MIÑO

DATA: 31 de xullo
HORARIO: 10-17 h.
LUGAR: saída en autobús dende a praia da Xunqueira (Ponte Sampaio) para ir ata Salvaterra de Miño. Percorrido dende Salvaterra ata Caldelas de Tui polo río Miño. Aproximadamente 7 km.