CAMPAMENTO DE TEMPO LIBRE «AS CORCERIZAS»
O centro de educación ambiental «As Corcerizas» está xestionado pola asociación Amigos da Terra e situado na Serra de San Mamede, no Macizo Central de Ourense. As súas características especiais o converten nun centro pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerxías renovables para o seu autoconsumo, no eido da bioconstrución e na xestión alternativa dos residuos.
As actividades adáptanse aos diferentes grupos de idade e son escollidas e organizadas para adquirir coñecementos, actitudes e capacidades, enfocadas sempre baixo unha perspectiva educativa á vez que lúdica.
O programa de actividades contempla xogos e obradoiros ambientais, de aire libre, acuáticos, actividades de natureza e reciclaxe, visitas culturais, deportes, obradoiros, grandes xogos, rutas, veladas e moitas cousas máis.
DATAS: do 1 ao 10 de xulloCAMPAMENTO URBANO «ABRAKADABRA»
Desenvolverase no colexio Álvarez Limeses e por espazos da nosa cidade, ademais dunha acampada no zoo de Vigo. Actividades como obradoiros, animación á lectura, músicas do mundo, xogos, excursións, xincanas, actividades acuáticas,...
IDADES: entre 8 a 12 anos (nados 1999-2003)CAMPAMENTO URBANO «REVERSO»
Desenvolverase no colexio Álvarez Limeses e por espazos da nosa cidade, ademais dunha acampada na parroquia de Santo André de Xeve. Actividades como obradoiros, animación á lectura, músicas do mundo, xogos, excursións, xincanas, actividades acuáticas,...
IDADES: entre 8 a 12 anos (nados 1999-2003)CAMPAMENTO EN SALCEDO
Desenvolverase no colexio de Cabanas en Salcedo e polos seus arredores, ademais dunha acampada en tendas. Actividades como obradoiros, animación á lectura, músicas do mundo, xogos, excursións, xincanas, actividades acuáticas,...
IDADES: entre 8 a 12 anos (nados 1999-2003)CAMPAMENTO POLIDEPORTIVO
A súa temática xira ao redor da actividade física, así, mozos e mozas tomarán contacto con deportes como piragüismo, esgrima, escalada, hípica, xogos e deportes tradicionais, orientación deportiva, tiro con arco,... dun xeito lúdico e non competitivo, co único requisito de saber nadar para as actividades de auga.
IDADES: 10-15 anos (1996-2001)