Ponteverán 2011
Cursos

ESCOLA DE VERÁN «AFI» (aula folque infantil)

Alternativa de lecer musical durante o verán, con actividades e clases lúdicas relacionadas coa música popular galega. Canto, baile galego, expresión corporal, percusión, exploración sonora do contorno...

IDADES: 6-12 anos
DATAS: de luns a venres do 16 ao 31 de agosto
HORARIO: de 10 a 13:30 h.
LUGAR: Local de Música Municipal
PRAZAS: 25
COTA PARTICIPACIÓN: 20 € (custo real 119 €)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

FORMACIÓN DE MÚSICOS EMERXENTES «SOA BEN»

Curso de formación para músicos emerxentes en destrezas instrumentais e musicais, que pretende dar a coñecer outras correntes musicais o poñer en común os coñecementos e destrezas de cada un/ha. Trátase de crear un espazo de creación e interacción entre músicos, no que a parte das clases maxistrais se poida tocar cos docentes aprendendo uns dos outros.

IDADES: 16-35 anos
DATAS: do 5 ao 8 de setembro. 9 de setembro concerto final
HORARIO: de 17 a 22 h.
LUGAR: Local de Música Municipal
PRAZAS: 20
COTA PARTICIPACIÓN: 20 € (custo real 141 €)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

INFORMÁTICA

CURSOS E DATAS:

· Internet: navegación, buscas, correo, chat, blog's, redes sociais, seguridade e descargas. Martes e xoves 5, 7, 12, 14, 19, 21, 26 e 28 de xullo
· Openoffice.org: de luns a venres do 1 ao 19 de agosto
· Presentacións: do 23 ao 25 de agosto
· Fotos dixitais: transicións, filtros, montaxe en vídeo... do 29 ao 31 de agosto
IDADES: 14-35 anos
HORARIO: 9 a 10:30 h.
PRAZAS: 18 por curso (72 prazas totais)
CUSTO: gratuítos
INFORMACIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu
INSCRICIÓN: na propia aula de informática na Casa Azul. R/ Sor Lucía, 2, 1º andar (polas mañás)

INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA

Curso de iniciación á fotografía analóxica e dixital, ademais de dedicar algunha sesión á lomografía. Programa de contidos:

· Coñecementos básicos. Cámaras analóxicas e dixitais. Lomografía
· Luz e composición
· Edición e análise de fotografías
· Saídas a fotografar e lomografar
· Revelado no laboratorio
· Retoque fotográfico. Efectos e montaxes
· Contacto coa astrofotografía
· Montaxe de fotografías e dunha exposición
IDADES: 16-35 anos
DATAS: de luns a venres do 11 ao 22 de xullo
HORARIO: 11:30-13:30 h.
LUGAR: Casa Azul
PRAZAS: 15
MATERIAL: cada participante debe ter a súa cámara ben sexa réflex, compacta, analóxica ou dixital e un «pen drive» COTA PARTICIPACIÓN: 20 € (custo real 139 €)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA

Curso de iniciación á astronomía impartido pola Agrupación Astronómica Rías Baixas. Abordaranse contidos como: constelacións, coordenadas celestes, uso do planisferio, obxectos celestes, o sistema solar, asteroides e cometas... realizándose prácticas de recoñecemento, simulacións por ordenador e prácticas básicas de manexo de telescopios. O curso rematará con dúas sesións nocturnas de observación con telescopios e prismáticos.

IDADES: 16-35 anos
DATAS: de luns a venres do 1 ao 5 de agosto. Saídas de observación: 5 e 12 de agosto
HORARIO: sesións teóricas 10-12 h. Saídas de observación 21:30-01:30 h.
LUGAR: Casa Azul
PRAZAS: 20
MATERIAL: non é necesario material algún. Contaremos co material técnico da Agrupación Astronómica Rías Baixas e do seu monitorado
COTA PARTICIPACIÓN: 20 € (custo real 65 €)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

INICIACIÓN Á ESCALADA

Curso de iniciación no rochódromo municipal, impartido por monitorado titulado do Club de Montañeiros de Pontevedra. Inclúe unha práctica de escalada ao aire libre. O obxectivo é que os participantes coñezan conceptos e técnicas básicas para rematar cunha toma de contacto coa escalada en rocha nunha zona acondicionada para a práctica deste deporte.

IDADES: 14-35 anos
DATAS: 16, 17, 18 e 20 de agosto
HORARIO: 20-23 h as tres primeiras xornadas e 16-21 h. o último día
LUGAR: 1º día: Casa Azul, 2º e 3º día: rochódromo municipal (Pavillón Multiusos da Xunqueira), 4º día: zona de escalada de Donón (Cangas)
PRAZAS: 12
COTA DE PARTICIPACIÓN: 20 € (custo real 84 €)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

INICIACIÓN AO SALVAMENTO ACUÁTICO

Cursos de iniciación ao deporte do salvamento acuático na praia fluvial do Lérez e impartido por monitorado do Club de Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO). Trátase de clases prácticas lúdico-deportivas onde a través de xogos de equipo e coñecementos teóricos, se introducirá aos participantes na práctica deste deporte. Saber nadar é o requisito imprescindible para participar.

IDADES: categorías:
7-11 anos
12-17 anos
CURSOS: de luns a venres.
7-11 anos: 4-8 de xullo de 11-12:30 h.
12-17 anos: 4-8 de xullo de 12:30-14:30 h.
LUGAR: praia fluvial do río Lérez
PRAZAS: 15 por curso (30 prazas totais)
REQUISITOS: imprescindíbel saber nadar
MATERIAL: roupa fresca, calzado deportivo (tenis ou chanclas), bañador e toalla, comida, auga e muda de recambio
COTA PARTICIPACIÓN: 10 € (custo real 52 €)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu / sapopontevedra.blogspot.com

ACHEGAMENTO AO STAND UP- PADDLE SURF (S.U.B)

Cursos orientados á adquisición de coñecementos, hábitos e habilidades para o correcto desempeño do deporte de STAND UP- PADDLE SURF (S.U.B). En cada sesión os/as participantes aprenderán a familiarizarse cos materiais, equipamentos e medios, así como coa práctica deste deporte a través de xogos e probas lúdicas. Abordaranse contidos como materiais e equipamentos, coidados e mantemento, prevención de riscos no medio mariño e primeiros auxilios, desenvolvemento do equilibrio, técnicas posturais, desprazamentos sobre a auga e xiros.

IDADES: categorías:
Groumets: 8 a 14 anos
Juniors: 15 a 20 anos
DATAS: de luns a venres
8-12 agosto Juniors: 15 a 20 anos
22-26 agosto Groumets: 8 a 14 anos
LUGAR: praia fluvial do río Lérez
HORARIO: 10-14 h.
PRAZAS: 10 por curso (20 prazas totais)
REQUISITOS:
· Imprescindible saber nadar
· Todo participante deberá estar federado/a durante o curso por medio da licenza de cursillista incluída na propia inscrición
MATERIAL: roupa fresca, calzado deportivo (tenis ou chanclas), bañador e toalla, comida, auga e muda de recambio
COTA PARTICIPACIÓN: 30 € (custo real 141 €)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. R/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO EN PONTE SAMPAIO

Cursos impartidos polo monitorado do Club Río Verdugo de Piragüismo, cos que se pretende que nenos/as e mozos/as coñezan unha actividade deportiva e recreativa coa que poder ocupar o seu tempo de lecer.

Cada curso terá unha duración de 10 días ao longo dos cales o monitorado desenvolverá un programa de actividades que inclúe preparación física, exercicios de técnica elemental para o manexo da piragua, xogos, natación, nocións teóricas elementais, coñecemento das medidas de seguridade.

IDADES: 9-15 anos
DATAS: de luns a venres
1º- 4-15 de xullo
2º- 18-29 de xullo
3º- 1-12 agosto
LUGAR: praia da Xunqueira en Ponte Sampaio. Instalacións do Clube Río Verdugo
HORARIO: de luns a venres de 11:30 a 13 h.
PRAZAS: 12 por curso (36 prazas totais)
MATERIAL: roupa fresca para mollar, unha gorra e auga
REQUISITO: imprescindible saber nadar
COTA DE PARTICIPACIÓN: 20 € (custo real 87 €)
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Club de Piragüismo Río Verdugo – Praia da Xunqueira s/n – Ponte Sampaio (Pontevedra). Tel. 669 455 451 ou 686 929 934 (chamar polas tardes)