- As inscricións faranse POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA E A PARTIR DA DATA INDICADA PARA CADA ACTIVIDADE. Daranse 48 horas de prazo para formalizar a inscrición dende a entrega da documentación.
- Só persoas EMPADROADAS NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, agás no caso de acollemento de nenos/as doutros países. As demais persoas interesadas poderán inscribirse por orde de chegada na listaxe de espera de cada actividade e en caso de sobrar prazas, serán notificadas para facer a inscrición.
- Só se entregarán 2 FICHAS DE INSCRICIÓN POR PERSOA, agás no caso de familiares directos e no campamento de Salcedo.
- DEVOLUCIÓN DA COTA DE INSCRICIÓN só cando esta sexa anulada e se xustifique adecuadamente por causas médicas ou laborais e antes do inicio da actividade.